miércoles, 21 de marzo de 2018

NOVOS RECURSOS EDUCATIVOS

Bos días a todos e todas unha vez máis, hoxe veño a ensinarvos outros tres recursos novos que utillicei a través do programa Educaplay. Os meus compañeiros e eu eliximos diferentes recursos para poder ensinarvos diferentes formas de interaccionar cas TIC.

No meu caso, o meu primeiro recurso educativo foi un crucigrama, que se resolverá a través de adiviñar as palabras relacionadas con hábitos saudables. Para poder acceder pincha aquí.


En segundo, elixín facer unha ruleta de palabras, que por certo, recórdame moito ao programa de televisión "Pasapalabra", xa que o vexo unha fonte moi simple de saber cada vez máis información, neste caso sobre un tema concreto que nos interesa. Se estás interesado en xogar, só tes que cliquear aquí.

Por último, decidín realizar un dictado onde se escoitará un texto moi breve e vos tedes que completar coas normas ortográficas correctas. Pincha aquí para poder interactuar con este xogo.

Agora vouvos ensinar a miña colección.


Moitas gracias a todos por ser tan atentos con cada un de nós!!!
RECURSOS EDUCATIVOS

Moi boas a todos e a todas, benvidos de volta a CELANEWS!!!!

Hoxe presentareivos a creación de dúas actividades interactivas e audiovisuais pertencentes á plataforma EDUCAPLAY. A continuación veredes as seguintes actividades e deixareivos os enlaces para velas.

A primeira delas trata dunha actividade de relacionar palabras. A relación de ditas palabras está centrada na nosa liña temática, os hábitos de vida saudables. Entre as palabras para relacionar podemos atopar algunhas como por exemplo, correr, beber, nadar, alimentación.



A segunda baséase nunha actividade de ordear palabras. A dificultade desta actividade non é moi elevada, trátase dunha oración non moi longa que ten relación cos hábitos saudables.



Por último, decidín elaborar unha actividade para ordear letras. A través desta actividade preténdese que o alumnado trate de resolver a palabra, axudándose da imaxe que aparece, que está desordeada.


Agora vouvos por unha entrada coa colección.  


Espero que vos gusten estas actividades!!!!

domingo, 18 de marzo de 2018

RECURSOS EDUCATIVOS DE EDUCAPLAY

Moi boas! Hoxe volvo para profundizar en Educaplay, un programa que nos permite crear numerosos recursos educativos online de maneira moi sinxela e rápida. A súa variedade axúdanos a innovar na creación de actividades para aportar diversas opcións ao alumnado. Nesta ocasión eu escollín tres tipos cos que traballar varios ámbitos.

A primeira opción é unha sopa de letras na que a persoa debe atopar 14 palabras relacionadas coa actividade física e o deporte.



Como segundo tipo presento un pequeno texto para completar que nos aporta información básica sobre a hixiene diaria das persoas. Nel debemos ir introducindo palabras que faltan (e que se atopan á marxe) para que teña sentido e poidamos comprender os consellos que nos di.



Por último, creei un test que está conformado por 12 preguntas que tratan sobre o medio ambiente, as súas problemáticas e coidados.


Espero que vos sirvan de axuda para aprender e reforzar coñecementos á vez que vos divertides xogando! Ata a próxima!! 

Ah! Que me esquecía... agora adxunto tamén a miña colección de actividades sobre o tema.

martes, 13 de marzo de 2018

CAZA DO TESOURO

Ola!! Agora queremos que vexades un novo recurso que creamos. É unha Caza do Tesouro sobre a alimentación equilibrada. Tras unha introdución que pon ao alumnado en situación sobre o tema a tratar e o obxectivo que se pretende conseguir, que neste caso é o coñecemento de hábitos alimentarios adecuados, os nenos e as nenas teñen que responder a 6 preguntas que están relacionadas coa alimentación. Para iso dispón de 3 recursos online que lle permiten obter información coa que despois poder responder. Unha vez finalizadas estas preguntas, atópase unha última cuestión chamada "A Gran Pregunta" que engloba toda a temática tratada. O obxectivo desta pregunta é coñecer se o alumnado é capaz de organizar e sintetizar a información traballada anteriormente de xeito sinxelo e claro. Por último, o alumnado pode ver como vai ser avaliada a súa participación na Caza do Tesouro en base a diversos criterios.

Esta Caza do Tesouro está destinada a alumnado de 4º curso de Educación Primaria polo que o seu nivel de dificultade está adecuado ás características dos nenos e das nenas. A continuación mostramos unha imaxe da nosa caza e aquí vos deixamos tamén o enlace. Esperamos que vos guste e que vos sexa de utilidade!


RECURSOS AUDIOVISUAIS

Benvidos e benvidas de novo ao noso blogue onde cada día queremos axudar de modo didáctico e que nunca vos aburrades con nós, xa que o máis importante sempre é a motivación.

Son Vera e vouvos a presentar os meus recursos audiovisuais. Primeiro vouvos ensinar o meu cómic que consta de sete viñetas e hai unha conversación entre dous irmáns, onde o maior lle quere mostrar o bonito que é facer exercicio e beneficioso que é tanto para o presente como para o futuro.




En segundo lugar vou falar do meu videoquiz. No vídeo sae unha rapaza chamada Tomatina que se interesa por saber cal sería unha alimentación saudable. Só tes que pinchar aquí para velo.


Son Fran, e os meus recursos audiovisuais son un cómic no cal se presentan os hábitos de vida saudables mediante unha conversación entre dous amigos, que explican de forma entretida hábitos como o deporte e a hixiene.



Por último, o outro recurso adiovisual que elaborei para o traballo consiste nun videoquiz que trata sobre os hábitos de hixiene, un factor que moita xente non lle presta atención pero que é un hábito de vida saudable igual de importante que o resto. Pódelo atopar aquí.




Para finalizar vou presentarvos eu, Andrea, os meus recursos audiovisuais. En primeiro lugar realicei un cómic coa plataforma Pixton. Este ten por título "Consellos para coidar o medio ambiente" e presenta 10 consellos de diversa índole para poder facelo. 

  


Ademais fixen un videoquiz en Educaplay sobre "Alimentación saudable", que á vez que presenta ao alumnado un vídeo sobre esa temática, vai realizando unhas preguntas (6) para comprobar o nivel de atención e comprensión. 



Esperamos que estes recursos vos sexan de utilidade e vos gusten! Un saúdo!

lunes, 12 de marzo de 2018


RECURSOS AUDIOVISUAIS

Moi boas xente! Benvidos de novo a Celanews!!! Hoxe falareivos dos recursos audiovisuais que elaborei para continuar ca elaboración do traballo. 

Para comezar, o primeiro recurso que elaborei foi un comic. A historia céntrase en dous amigos, Clara e Pablo nunha viaxe basada na adquisición dos coñecementos sobre os hábitos de vida saudables. A  temática central da historia do comic é, como xa dixemos, o coñecemento dos hábitos de vida saudables, desde un punto de vista entretido e instructivo para todo o alumnado. Consta de 7 viñetas distintas na que os personaxes dan a coñecer os alimentos que se deben consumir con máis frecuencia e os que non; a hixiene; o exercicio físico, entre outros.

O outro dos recursos que elaborei foi un Videoquiz no que me centrei nun aspecto específico dos hábitos de vida saudables, os hábitos de hixiene. É importante recalcar este aspecto referente á hixiene debido a que moita xente non lle presta atención e é un factor que pode afectar á nosa saúde.

O Videoquiz pertence a Educaplay, posue 6 actividades, as cales, o alumnado terá que completar se quere completar o Videoquiz. Este recurso conta dun contador que marcará cando o alumn@ remate a actividade canto tempo empregou para realizar a actividade á vez que posue un contador de erros para marcar o número de respostas correctas e preguntas falladas. En canto ás preguntas que se fan no Videoquiz hai que decir que existen respostas únicas, múltiples (a gran maioría) e escritas, coa intención de comprobar se o alumnado prestou atención atención ó exercicio e entendeu como funcionan os hábitos de hixiene.

Espero que vos gustasen estes dous recursos, persoalmente consideroos entretidos e instructivos, convídovos a que lle botedes un vistazo. Unha aperta e ata a próxima!

RECURSOS AUDIOVISUAIS


Moi bos días a tod@s as miñas persoas virtuais que me seguen día tras día.

Hoxe vouvos a falar de qué recursos audiovisuais utilicei para axudarvos a cada un de vós co tema de hábitos saludables. En primeiro lugar utilicei un programa chamado "Pixton", moi cómodo para facer un cómic e así transmitir un hábito saludable dos moitos que hai. En segundo lugar usei "Educaplay", un programa que ten dentro del moitos recursos, pero que neste caso utilicei o recurso audiovisual de videoquiz.

Encantoume utilizar estes dous programas porque sei que me van a resultar moi útiles para o día de mañá cando sea profesora de Educación Primaria.
Vouvos a comentar só un dos dous recursos que fixen, e escollín comentarvos o cómic que fixen, que trata sobre o deporte.

Este cómic relata un diálogo de dous irmáns nun momento instantáneo da primeira hora da mañá no que o irmán maior intenta convencer a irmá de facer deporte e do bo que era facelo, para conseguir unha salude física e mental moi boa.

A través deste cómic quixen reflexar unha situación normal en calquera momento do día onde puidera surxir unha conversación entre dúas persoas que lle intenta facer ver que os hábitos saludables son moi importantes para o día a día e así saber que son sumamente importantes e necesarios.

Cada un dos recursos que utilicei pareceume unha idea moi bonita de cómo mellorar os hábitos de cada persoa a través das TIC.


Moitas gracias por seguirme día tras día e ser tan majos e atentos. Un saúdo!

viernes, 9 de marzo de 2018

RECURSOS AUDIOVISUAIS

Ola! Aquí estou de volta para seguir amosándovos cousas moi interesantes!

Desta vez quero nomear dúas ferramentas que nos permiten realizar recursos audiovisuais para a aula. Unha é Educaplay, coa que realicei un vídeo con preguntas relacionadas co explicado no filme (videoquiz). A outra é Pixton, que me permtiu crear un cómic ao meu gusto.

Ambas son xeniais pero quero falarvos en concreto de Educaplay. É unha ferramenta moi completa (con moitos tipos de actividades) pero que eu usei para facer un videoquiz. Tras titular a actividade e enmarcala en canto a grupo de idade e materia se refire, pasei a realizar a actividade. Primeiro escollín un vídeo (en relación á alimentación e o medio ambiente) que insertei na ferramenta online. De seguido redactei varias preguntas sobre o tema do vídeo con tres posibilidades de resposta pero só unha correcta, e fun colocándoas ao longo do vídeo axustando as secuencias nas que quería que se realizasen. Estas preguntas están agrupadas por orde segundo os temas que se van tratando no filme. Finalmente fixen unha vista previa do vídeo por completo e publiquei a actividade. É unha ferramenta moi completa e sinxela de usar que nos permite crear actividades atractivas para o alumnado coas que traballar contidos importantes dun xeito lúdico e incorporando as TIC á aula.

Espero que vos guste a miña selección e que vos sirva de axuda. Ata a próxima!


jueves, 8 de marzo de 2018

ELECCIÓN DE RECURSOS PARA A AULA

Ola moi boas a tod@s. Benvid@s de novo a Celanews!!!!

Esta semana creamos un póster dixital no que incluímos unha nube de TAGS que enmarca algunas palabras clave referentes á nosa temática. Entre elas podemos destacar: exercicio físico, hidratación, alimentación equilibrada, etc. Ademais, insertamos un código QR que nos leva directamente ó noso blogue.

Durante o proceso de busca de recursos atopamos moitas opcións pero finalmente decidimos escoller 3 por compoñente do grupo (9 en total), das que máis se adecuaban á nosa temática. Aínda así, no póster seleccionamos soamente 6 recursos. Estes tratan sobre hábitos saudables de alimentación, hixiene, deporte e medioambiente. 

Estes recursos son adecuados para o noso tema xa que permiten que os nenos e as nenas traballen os conceptos desexados dun xeito lúdico e activo por parte do propio alumnado favorecendo así a adquisición de coñecementos e o uso das TIC de maneira didáctica. Dos recursos escollidos debemos citar que son xogos atractivos e que se poden empregar tanto no ámbito familiar como escolar pola súa facilidade de uso.


A continuación amosamos unha imaxe do noso póster. Esperamos que vos guste tanto como a nós!




Unha aperta a todos e todas e ata a próxima!!