RECURSOS AUDIOVISUAIS
Moi boas xente! Benvidos de novo a Celanews!!! Hoxe falareivos dos recursos audiovisuais que elaborei para continuar ca elaboración do traballo.
Para comezar, o primeiro recurso que elaborei foi un comic. A historia céntrase en dous amigos, Clara e Pablo nunha viaxe basada na adquisición dos coñecementos sobre os hábitos de vida saudables. A temática central da historia do comic é, como xa dixemos, o coñecemento dos hábitos de vida saudables, desde un punto de vista entretido e instructivo para todo o alumnado. Consta de 7 viñetas distintas na que os personaxes dan a coñecer os alimentos que se deben consumir con máis frecuencia e os que non; a hixiene; o exercicio físico, entre outros.
O outro dos recursos que elaborei foi un Videoquiz no que me centrei nun aspecto específico dos hábitos de vida saudables, os hábitos de hixiene. É importante recalcar este aspecto referente á hixiene debido a que moita xente non lle presta atención e é un factor que pode afectar á nosa saúde.
O Videoquiz pertence a Educaplay, posue 6 actividades, as cales, o alumnado terá que completar se quere completar o Videoquiz. Este recurso conta dun contador que marcará cando o alumn@ remate a actividade canto tempo empregou para realizar a actividade á vez que posue un contador de erros para marcar o número de respostas correctas e preguntas falladas. En canto ás preguntas que se fan no Videoquiz hai que decir que existen respostas únicas, múltiples (a gran maioría) e escritas, coa intención de comprobar se o alumnado prestou atención atención ó exercicio e entendeu como funcionan os hábitos de hixiene.
Espero que vos gustasen estes dous recursos, persoalmente consideroos entretidos e instructivos, convídovos a que lle botedes un vistazo. Unha aperta e ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario