RECURSOS AUDIOVISUAIS
Benvidos e benvidas de novo ao noso blogue onde cada día queremos axudar de modo didáctico e que nunca vos aburrades con nós, xa que o máis importante sempre é a motivación.
Son Vera e vouvos a presentar os meus recursos audiovisuais. Primeiro vouvos ensinar o meu cómic que consta de sete viñetas e hai unha conversación entre dous irmáns, onde o maior lle quere mostrar o bonito que é facer exercicio e beneficioso que é tanto para o presente como para o futuro.
En segundo lugar vou falar do meu videoquiz. No vídeo sae unha rapaza chamada Tomatina que se interesa por saber cal sería unha alimentación saudable. Só tes que pinchar aquí para velo.
Son Fran, e os meus recursos audiovisuais son un cómic no cal se presentan os hábitos de vida saudables mediante unha conversación entre dous amigos, que explican de forma entretida hábitos como o deporte e a hixiene.
Por último, o outro recurso adiovisual que elaborei para o traballo consiste nun videoquiz que trata sobre os hábitos de hixiene, un factor que moita xente non lle presta atención pero que é un hábito de vida saudable igual de importante que o resto. Pódelo atopar aquí.
Para finalizar vou presentarvos eu, Andrea, os meus recursos audiovisuais. En primeiro lugar realicei un cómic coa plataforma Pixton. Este ten por título "Consellos para coidar o medio ambiente" e presenta 10 consellos de diversa índole para poder facelo.
Ademais fixen un videoquiz en Educaplay sobre "Alimentación saudable", que á vez que presenta ao alumnado un vídeo sobre esa temática, vai realizando unhas preguntas (6) para comprobar o nivel de atención e comprensión.
Esperamos que estes recursos vos sexan de utilidade e vos gusten! Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario