martes, 24 de abril de 2018

PEQUENO CONTO SOBRE A HIXIENE NO DEPORTE
Moi boas a todos e todas de novo ao noso blogue!!!
Desta vez presentareivos un pequeno texto que escribín para que vos deades de conta que o deporte non é tan siemple como parece e hai moitas cousas que o engloban, como a hixiene ou mesmo a actitude e a roupa.
Está claro que son cousiñas que todos sabemos pero non queda demais volvelo a por para que quede máis claro e así aclararnos as ideas.
Se vos chama a atención e queredes acceder a el só teredes que premer aquí.


Moitas gracias a todos e todas por interesarvos!!!

miércoles, 18 de abril de 2018

ARDORA

Hola a tod@s!!!! Benvid@s de volta a Celanews!!!! Hoxe traiovos dous tipos de actividades distintas creadas a partir de ARDORA. Ambas as dúas céntranse exclusivamente no hábito saudable referido á hixiene.

A primeira delas trátase dunha actividade de relacionar palabras. Existen dúas columnas e as palabras existentes na primeira teredes que relacionalas cas súas correspondentes na segundan para que formen unha oración con sentido.



A segunda consiste nunha sopa de letras. Nela deberedes atopar as palabras agochadas no cadro para poder completar o exercicio. O grao de dificultade desta sopa de letras non é moi elevado, polo tanto non deberíades ter ningún problema.



Espero que vos gusten as actividades que aquí vos amoso. Desfrutai delas e ata a próxima!!!!

martes, 17 de abril de 2018

EDILIM

Moi boas a tod@s! Benvid@s de volta a Celanews!!!! Hoxe presentareivos unha serie de actividades que elaborei con Edilim. As actividades son moi entretidas, considéroas sinxelas e bastante atractivas. Espero que as desfrutedes!!!!

A primeira das actividades ten que ver con relacionar oracións. Nela existen dúas columnas e teredes que arrastrar unhas frases e continuar na outra columna escollendo a oración correspondente para poder resolver o exercicio. 



A segunda das actividades ten que ver con relacionar textos. Nela relacionaredes unha serie de textos que teñen que ver cos hábitos de vida saudable. É similar ó exercicio anteriormente explicado.
Espero que desfrutárades das actividades que elaborei. Ata a próxima!!!!

HOT POTATOES

Benvid@s de novo a Celanews!!!! Hoxe presentareivos unha serie de actividades que elaborei en "Hot Potatoes" e teñen que ver ca nosa temática principal, os Hábitos de Vida Saudable. Espero que vos sexan moi útiles e as desfrutedes!!!!.

A primeira actividade das tres que elaborei chámase JCloze. Consiste nunha actividade na que teredes que adiviñar as palabras relacionadas cos hábitos de vida saudable correspondentes. Neste caso, trátase da hixiene. Disporedes dunha serie de pistas por se vos resulta complicado adiviñar a palabra que se agocha.




En segundo lugar, a actividade que vos presento é JMatch. Aquí, teredes que relacionar unha serie de palabras coas súas respectivas definicións para poder realizar correctamente o exercicio. Neste caso, as palabras que se vos presentan gardan relación cos distintos hábitos de vida saudable.



Por último, a terceira actividade chámase JQuiz. Nela, teredes que seleccionar que tipos de alimentos son considerados beneficiosos para a saúde e cales non.


Tamén vos deixo o enlace a The Masher, un espazo no cal poderedes acceder ás tres actividades mencionadas anteriormente. Poderedes entrar nel clikando aquí.

Espero que vos gustaran as actividades de Hot Potatoes e que desfrutarades moito delas. Ata a próxima!!!!
KUBBU E MINDOMO

Ola! Outra vez estou aquí para ensinarvos novas ferramentas para empregar na aula. Despois de lidiar con varias opcións ao final escollín dúas moi chulas. Desta vez centreime na temática da alimentación pero desde dous puntos de vista totalmente diferentes.

A primeira opción é unha actividade na que se lle presentan ao alumnado un conxunto de palabras (de alimentos) e ten que clasificalas segundo a súa orixe: animal, vexetal ou mineral. Está realizada con Kubbu, unha plataforma gratuita que permite xerar diversos tipos de actividades didácticas e que é moi sinxela de usar. Podedes ver a actividade premendo nesta palabriña.


A segunda opción está creada coa ferramenta Mindomo. O seu uso é sinxelo e gustoume xa que me permitiu crear un mapa conceptual (ao meu gusto) co cal traballar de forma directa e concisa os diferentes problemas relacionados coa alimentación: trastornos, intolerancias e alerxias. Deste xeito o alumnado pode empregalo como método de estudo ou coma un apoio. Podedes velo se premedes aquí.



Espero que vos sigan gustando as miñas aportacións. Ata a próxima a todos e a todas! 

jueves, 12 de abril de 2018



EDILIM

Ola de novo a todas e a todos, chéame de orgullo volver estar aiquí con cada un de vós. Hoxe presentareivos un dos novos programas que utilicei para crear dúas actividades e así axudarvos co tema de hábitos saludables. Este programa chámase Edilim e serve para facer un montón de tarefas diferentes.

En primerio lugar realicei un exercicio de completar con palabras onde a temática deste exercicio era a de hixiene, como comportarse antes de facer algunha tarefa.



En segundo lugar creei un xogo referido a temática de deportes, para elo fixen catro caixas na que cada unha delas tiñan un tipo de deporte en especial e ao lado palabras que se referían diferentes deportes. A finalidade do xogo era encadrar cada unha das palabras dentro de cada grupo.



Para acceder a estas actividades só teredes que cliquear aquí.

Moitas gracias a todos e todas por visitarnos unha vez máis!!!







EDILIM

Olaa! Estou aquí para ensinarvos novas actividades que fixen coa ferramenta EdiLim. É moi doado traballar con ela e ademais ten unha variedade moi ampla de actividades polo que podes escoller a que máis se axusta ás túas necesidades.

A primeira que fixen é a de preguntas. Nela hai 4 cuestións básicas relativas á alimentación, nas que o alumno ou alumna debe responder de maneira sinxela e concreta.



Na segunda aparecen 5 oracións nas que se abordan diferentes problemáticas que afectan ao medio ambiente. En cada unha falta unha palabra ou varias palabras, que saen na parte inferior, e a persoa debe completar cada frase co termo ou termos que correspondan.



Espero que vos sexan útiles e que vos sigan gustando as miñas aportacións! Premendo aquí podedes ver as actividades.


Un saúdo a todos e a todas e ata moi prontiño!

miércoles, 11 de abril de 2018

HOT POTATOES


Ola, bos días a tod@s, veño a presentarvos cada unha das actividades que creei para obter máis información sobre a temática principal como é “Hábitos saudables”. Para realizar cada un dos xogos seguintes utilicei un programa chamado Hot Potatoes, moi cómodo e fácil de utilizar para calquera persoa.

En primeiro lugar, realicei un Quiz, que consiste en que o xogo che faga preguntas e que che dea a elexir tres ou catro respostas para acertar cal é a correcta. Neste caso non ten por qué haber só unha responsta acertada, pode haber varias, polo que hai que ler atentamente.


En segundo lugar, creei un crucigrama, é un xogo que trata de averiguar as palabras que se esconden nas casillas, e para averiguar dita palabra daranche unha pista que é a súa definición. Sería interesante que fixerades este xogo que ten como tematica principal os utensilios de hixiene.


Por último, pero non menos importante, é unha actividade na que se trata de averiguar a palabra que lle falta a frase para que teña sentido, ao igual que no anterior exercicio recibirás a axuda nunha caixiña, que contén a súa definición e sinónimos. Como podedes observar é un xogo moi diferente no que se pode interactuar, ten como tema principal os alimentos.


Ademais para finalizar con este proyecto fixemos un Masher, e para acceder a cada unha das actividades que creamos só teríamos que cliquear aquí.


Para acceder a estas actividades só teredes que cliquear aquí.

Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

domingo, 8 de abril de 2018

HOTPOTAOES
Olaaa!! Espero que todo o que vos vou ensinando cada día vos sirva para facer moitas cousiñas. 
Hoxe vouvos falar do programa HotPotatoes co cal confeccionei tres actividades en torno á temática que xa coñecedes. Para min foi unha ferramenta moi complexa no seu uso xa que me ocasionou innumerables dificultades. Aínda así, espero que vos guste! Podedes ver todas as actividades premendo aquí.

A primeira actividade é un JMatch no que se deben relacionar 16 conceptos sobre o medio ambiente coas súas correspondentes definicións.

A segunda é un JQuizz no que tedes que respostar a seis preguntas relacionadas coa alimentación.


A terceira actividade é un JCross que aporta 12 definicións sobre termos relacionados coa actividade física e o deporte e que debedes buscar nunha sopa de letras.



Por último, presento tamén a unión das tres actividades, realizada co mesmo programa, coa opción The Masher.


Espero que vos gusten e eu vou seguir traballando en máis cousiñas…un saúdo a todos e a todas!! J