domingo, 8 de abril de 2018

HOTPOTAOES
Olaaa!! Espero que todo o que vos vou ensinando cada día vos sirva para facer moitas cousiñas. 
Hoxe vouvos falar do programa HotPotatoes co cal confeccionei tres actividades en torno á temática que xa coñecedes. Para min foi unha ferramenta moi complexa no seu uso xa que me ocasionou innumerables dificultades. Aínda así, espero que vos guste! Podedes ver todas as actividades premendo aquí.

A primeira actividade é un JMatch no que se deben relacionar 16 conceptos sobre o medio ambiente coas súas correspondentes definicións.

A segunda é un JQuizz no que tedes que respostar a seis preguntas relacionadas coa alimentación.


A terceira actividade é un JCross que aporta 12 definicións sobre termos relacionados coa actividade física e o deporte e que debedes buscar nunha sopa de letras.



Por último, presento tamén a unión das tres actividades, realizada co mesmo programa, coa opción The Masher.


Espero que vos gusten e eu vou seguir traballando en máis cousiñas…un saúdo a todos e a todas!! J

No hay comentarios:

Publicar un comentario