RECURSOS EDUCATIVOS DE EDUCAPLAY
Moi boas! Hoxe volvo para profundizar en
Educaplay, un programa que nos permite crear numerosos recursos educativos
online de maneira moi sinxela e rápida. A súa variedade axúdanos a innovar na creación de actividades para aportar diversas opcións ao alumnado. Nesta ocasión eu escollín tres tipos cos que traballar varios ámbitos.
A primeira opción é unha sopa de letras
na que a persoa debe atopar 14 palabras relacionadas coa actividade física e o
deporte.
Como segundo tipo presento un pequeno
texto para completar que nos aporta información básica sobre a hixiene diaria das persoas. Nel
debemos ir introducindo palabras que faltan (e que se atopan á marxe) para que
teña sentido e poidamos comprender os consellos que nos di.
Por último, creei un test que está conformado por
12 preguntas que tratan sobre o medio ambiente, as súas problemáticas e coidados.
Espero que vos sirvan de axuda para
aprender e reforzar coñecementos á vez que vos divertides xogando! Ata a
próxima!!
Ah! Que me esquecía... agora adxunto tamén a miña colección de actividades sobre o tema.
Ah! Que me esquecía... agora adxunto tamén a miña colección de actividades sobre o tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario