CAZA DO TESOURO
Ola!! Agora queremos que vexades un novo recurso que creamos. É unha Caza do Tesouro sobre a alimentación equilibrada. Tras unha introdución que pon ao alumnado en situación sobre o tema a tratar e o obxectivo que se pretende conseguir, que neste caso é o coñecemento de hábitos alimentarios adecuados, os nenos e as nenas teñen que responder a 6 preguntas que están relacionadas coa alimentación. Para iso dispón de 3 recursos online que lle permiten obter información coa que despois poder responder. Unha vez finalizadas estas preguntas, atópase unha última cuestión chamada "A Gran Pregunta" que engloba toda a temática tratada. O obxectivo desta pregunta é coñecer se o alumnado é capaz de organizar e sintetizar a información traballada anteriormente de xeito sinxelo e claro. Por último, o alumnado pode ver como vai ser avaliada a súa participación na Caza do Tesouro en base a diversos criterios.
Esta Caza do Tesouro está destinada a alumnado de 4º curso de Educación Primaria polo que o seu nivel de dificultade está adecuado ás características dos nenos e das nenas. A continuación mostramos unha imaxe da nosa caza e aquí vos deixamos tamén o enlace. Esperamos que vos guste e que vos sexa de utilidade!

No hay comentarios:
Publicar un comentario