martes, 20 de febrero de 2018

RECURSOS PARA A AULA

Moi boas a todos, benvidos de volta a Celanews!!! Hoxe presentareivos tres recursos que escollín debido a que nos poderían ser útiles para a realización do proxecto. Espero que vos gusten!

Os recursos teñen en común que todos eles tratan sobre o mesmo tema, os hábitos de vida saudables.
Un deles é este xogo que permite reforzar a busca de coñecementos sobre os hábitos de vida saudables no que o xogador controlará unha bandexa coma se fora un vehículo e tratará de recoger o máximo de productos saudables para obter a maior puntuación posible, evitando aqueles productos que non se consideran saudables. Chámase "Carrera de bandejas".



O seguinte recurso que atopei é interesante xa que ten que ver directamente cos hábitos de vida saudables. Nel, trátanse os temas dende unha perspectiva tradicional e divertida, a sopa de letras de toda a vida, porén abordando os temas referentes á nosa temática. Chámase Hábitos y costumbres sanos.


Para rematar, o último recurso é un xogo dixital titulado "Las aventuras de Spoti" no cal, Spoti, nos ensinará un gran número de hábitos de vida saudables no seu longo recorrido por atopar os seus amigos. É un xogo ó cal pode acceder todo o alumnado e que permite dar a coñecer de forma entretida e amena a nosa temática.



Espero que vos gustaran, unha aperta!




Boas tardes a todos e todas!!! Hoxe vou a ensinarvos cada un dos recursos que elexín para enseñarvos!!!
En canto ao primeiro xogo, gústame moito e pódese utilizar para que os nenos e nenas vaian mellorando o que saben sobre os hábitos saudables e así tamén o poden levar á práctica a través dun xogo de carreiras. Este xogo encóntrase dentro do Espazo Abalar e chámase "Fórmula 20".


Falando do segundo xogo, creo que é dos máis importantes xa que non só trata de diferentes xogos se non que á súa vez, ten un apartado onde nos explica todo de unha forma máis extendida, polo que cada un dos nenos e nenas que utilicen este xogo, chamado "Vedoque", informaraselle mellor sobre as habilidades e alimentos saudables e reforzaran o xa aprendido.


O terceiro e último xogo chámase "Os alimentos" e trata de diferentes xogos como puzzles, exercicios de asociar... para que saiban diferenciar entre as diferentes comidas e de onde proveñen cada un ou unha, polo que este xogo está máis indicado para nenos e nenas que comezan en Primaria, xa que aos que pertezcan aos cursos máis avanzados resultaralles aburrido.



Moitas gracias a todos e todas por ser tan atentos! Vémonos para outra! Un saúdo.

domingo, 18 de febrero de 2018

RECURSOS PARA A AULA DE PRIMARIA
Ola de novo!
Despois de revisar numerosas opcións quero presentarvos os tres recursos que elexin xa que son os que máis me gustaron para traballar na aula os hábitos de vida saudable.
A primeira elección foi o xogo “Alimentación equilibrada” que me gustou moito xa que explica todo o relacionado cunha boa alimentación (tipos de alimentos, frecuencia de consumo, calorías, elaboración de menús saudables, etc.), de xeito sinxelo e claro. Ten unha apariencia moi atractiva e as actividades son moi completas e fáciles de entender, ademais de que permiten ser repetidas sempre que se precise.



A segunda elección foi o xogo “Limpios y requetelimpios” que está orientado a profesorado e alumnado. De forma moi lúdica e atractiva permite aprender conceptos relevantes sobre hábitos de hixiene ambiental e persoal de modo práctico. Ademais permite adecuar o seu uso a persoas con algunha necesidade específica; algo que é moi importante.



Por último, o xogo “Crezco feliz”, presenta actividades moi sinxelas e interesantes permitindo ao alumnado adquirir coñecementos sobre diferentes enfermidades, hábitos saudables e pautas de mellora, polo que me parece moi interesante.




martes, 6 de febrero de 2018

EXPLICACIÓN DA NOSA ELECCIÓN



Moi boas a todos, benvidos de novo a Celanews! Nesta parte do noso blog pasaremos a presentarvos a nosa elección de proxecto e a liña temática que decimos levar a cabo en dito proxecto.

Ben, o proxecto escollido foi o número cinco, é dicir, un periódico ou revista dixital n@ cal decidimos por en práctica a liña temática relativa ós hábitos saudables.

Desde un primeiro momento, o grupo en xeral, decidimos escoller este proxecto xa que nos pareceu o máis accesible para a elaboración deste traballo e, por suposto, o que máis nos gustou. Tras debatir sobre a liña temática sobre a que nos centrariamos, finalmente escollemos a liña dos hábitos saudables debido a que un tema moi importante na Educación Primaria xa que se se tratan os temas que envolve tal vez poidamos evitar que nun futuro próximo, o alumnado teña problemas como por exemplo, a falta de hixiene, a obesidade, e poidamos potenciar outros como por exemplo, o deporte, a actividade física, alimentación saudable, entre outros.

Apostamos pola ensinanza destes hábitos mediante o emprego das TIC xa que sería una forma máis dinámica e innovadora para tratar iste tema nas escolas.

FALANDO SOBRE A NOSA ELECCIÓN

Moi boas a todos e a todas de novo! Nesta ocasión escribo para falarvos sobre o porqué da nosa elección de proxecto e liña temática. 
O noso proxecto baséase nunha revista dixital escolar na que se tratará como liña temática principal os hábitos saudables. A elección da revista dixital surxiu debido a que pensamos que é un recurso novidoso e interesante para os nenos e as nenas xa que traballan coas TIC dun xeito formativo e educativo á vez que lúdico. Ademais, despois de ler sobre o tema, considero que axuda aos menores e ás menores a desenvolver capacidades como a competencia dixital ou a creatividade, que son moi importantes hoxe en día, á vez que aprenden sobre algo tan importante como son os hábitos de vida saudables.  
Esta liña temática pareceunos moi interesante xa que é esencial fomentar o traballo de aspectos coma a hixiene, unha alimentación adecuada e o deporte, entre outras, para ter unha boa calidade de vida.
Así, mediante o uso das TIC, podemos facilitar a aprendizaxe de numerosos coñecementos dun xeito novidoso e divertido para o noso alumnado xa que as novas tecnoloxías nos proporcionan un sinfín de posibilidades no proceso de ensino - aprendizaxe.
Aínda que non atopamos blogues que se relacionen coa nosa temática, hai algúns que poderiamos ter en conta aínda que con algunha modificación, como son: Escola Online Ourense e As axentes da natureza.
Espero que a nosa elección sexa do voso agrado e que vos sirva de axuda e/ou guía todo aquilo que vaiamos publicando. 
Isto é todo por agora...vémonos pronto!

Un saudiño!! :)







EXPLICACIÓN DA NOSA ELECCIÓN

Bos días a tod@s, éncheme de orgullo volver estar aiquí con todos/as vós.
Hoxe explicareivos o por qué da nosa elección por este tema, que é o de hábitos saudables.

A elección veu dada por todos os integrantes do grupo xa que ultimamente levámosnos interesando por a saúde mental e física, xa que unha conleva a outra. Neste blogue interesarémonos polo deporte, hixiene e alimentación para poder axudarvos a cada un de vós se non estades cómod@s con vós mesmos. Así mesmo temos que decir que nos parece un reto moi bonito poder xuntar os hábitos saudables cas TIC, xa que son unhas ferramentas imprescindibles na actualidade.

Desde a miña perspectiva individual, gustaríame que cada un de vós, dos que quixérades mellorar a vosa saúde pedira axuda nun centro especializado ou mesmo se interesara polo noso blogue para que lle axudara, xa non só no ámbito do exercicio e deporte, senón tamén no ámbito gastronómico.
Todos e todas podemos mellorar neste contexto, pero para iso temos que ter ganas e ilusión,e sobre todo ser moi traballador e ter empatía cos demais.

A pesar de non haber encontrado a ningún grupo de outros anos que traballara unha temática relacionada á nosa, penso que a que máis se axusta é "El cuarteto", que fala sobre habilidades sociais, que aínda que non podo entrar na páxina por problemas, penso que o nome da temática é o máis achegado a nós.

Gracias a todas esas personiñas que nos seguen día a día e as que nos quedan por seguir.