martes, 20 de febrero de 2018

RECURSOS PARA A AULA

Moi boas a todos, benvidos de volta a Celanews!!! Hoxe presentareivos tres recursos que escollín debido a que nos poderían ser útiles para a realización do proxecto. Espero que vos gusten!

Os recursos teñen en común que todos eles tratan sobre o mesmo tema, os hábitos de vida saudables.
Un deles é este xogo que permite reforzar a busca de coñecementos sobre os hábitos de vida saudables no que o xogador controlará unha bandexa coma se fora un vehículo e tratará de recoger o máximo de productos saudables para obter a maior puntuación posible, evitando aqueles productos que non se consideran saudables. Chámase "Carrera de bandejas".



O seguinte recurso que atopei é interesante xa que ten que ver directamente cos hábitos de vida saudables. Nel, trátanse os temas dende unha perspectiva tradicional e divertida, a sopa de letras de toda a vida, porén abordando os temas referentes á nosa temática. Chámase Hábitos y costumbres sanos.


Para rematar, o último recurso é un xogo dixital titulado "Las aventuras de Spoti" no cal, Spoti, nos ensinará un gran número de hábitos de vida saudables no seu longo recorrido por atopar os seus amigos. É un xogo ó cal pode acceder todo o alumnado e que permite dar a coñecer de forma entretida e amena a nosa temática.



Espero que vos gustaran, unha aperta!




No hay comentarios:

Publicar un comentario