FALANDO SOBRE A NOSA ELECCIÓN
Moi boas a todos e a todas de novo! Nesta ocasión escribo para falarvos sobre o porqué da nosa elección de proxecto e liña temática.
O noso proxecto baséase nunha revista dixital escolar na que se tratará como liña temática principal os hábitos saudables. A elección da revista dixital surxiu debido a que pensamos que é un recurso novidoso e interesante para os nenos e as nenas xa que traballan coas TIC dun xeito formativo e educativo á vez que lúdico. Ademais, despois de ler sobre o tema, considero que axuda aos menores e ás menores a desenvolver capacidades como a competencia dixital ou a creatividade, que son moi importantes hoxe en día, á vez que aprenden sobre algo tan importante como son os hábitos de vida saudables.
Esta liña temática pareceunos moi interesante xa que é esencial fomentar o traballo de aspectos coma a hixiene, unha alimentación adecuada e o deporte, entre outras, para ter unha boa calidade de vida.
Así, mediante o uso das TIC, podemos facilitar a aprendizaxe de numerosos coñecementos dun xeito novidoso e divertido para o noso alumnado xa que as novas tecnoloxías nos proporcionan un sinfín de posibilidades no proceso de ensino - aprendizaxe.
Aínda que non atopamos blogues que se relacionen coa nosa temática, hai algúns que poderiamos ter en conta aínda que con algunha modificación, como son: Escola Online Ourense e As axentes da natureza.
Aínda que non atopamos blogues que se relacionen coa nosa temática, hai algúns que poderiamos ter en conta aínda que con algunha modificación, como son: Escola Online Ourense e As axentes da natureza.
Espero que a nosa elección sexa do voso agrado e que vos sirva de axuda e/ou guía todo aquilo que vaiamos publicando.
Isto é todo por agora...vémonos pronto!
Un saudiño!! :)
Un saudiño!! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario