martes, 6 de febrero de 2018

EXPLICACIÓN DA NOSA ELECCIÓN



Moi boas a todos, benvidos de novo a Celanews! Nesta parte do noso blog pasaremos a presentarvos a nosa elección de proxecto e a liña temática que decimos levar a cabo en dito proxecto.

Ben, o proxecto escollido foi o número cinco, é dicir, un periódico ou revista dixital n@ cal decidimos por en práctica a liña temática relativa ós hábitos saudables.

Desde un primeiro momento, o grupo en xeral, decidimos escoller este proxecto xa que nos pareceu o máis accesible para a elaboración deste traballo e, por suposto, o que máis nos gustou. Tras debatir sobre a liña temática sobre a que nos centrariamos, finalmente escollemos a liña dos hábitos saudables debido a que un tema moi importante na Educación Primaria xa que se se tratan os temas que envolve tal vez poidamos evitar que nun futuro próximo, o alumnado teña problemas como por exemplo, a falta de hixiene, a obesidade, e poidamos potenciar outros como por exemplo, o deporte, a actividade física, alimentación saudable, entre outros.

Apostamos pola ensinanza destes hábitos mediante o emprego das TIC xa que sería una forma máis dinámica e innovadora para tratar iste tema nas escolas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario