miércoles, 24 de enero de 2018


¡¡¡ESTO É CELANEWS!!!

Moi boas a tod@s, son José Francisco Peleteiro Fernández, integrante do grupo 3, chamado Celanews. Teño 18 anos e son pertencente á comunidade de Celanova.

Eu, e en colabaroción das miñas compañeiras, Andrea Pérez Pérez e Vera Rivero Álvarez, escollemos centrarnos na temática dos hábitos de vida saudables e as novas tecnoloxías dentro do entorno escolar, sobre todo, enfocado á Educación Primaria. Consideramos que é unha temática moi importante e a ter en conta xa que moitas persoas non valoran os hábitos dunha vida saudable ou mesmo esán desinformados dos seus beneficios. Aproveitando as novas tecnoloxías e a súa progresiva incorporación no entorno escolar pensamos que unha boa forma de achegar os coñecementos desta temática sería coa elaboración dun blogue.

É a primeira vez que realizo un blogue e poderíase dicir que sería un pequeno punto negativo para min nesta práctica, ó principio, mentres non me familiarizo co blogue. O traballo está orientado cara o proxecto para realizar un periódico ou revista escolar dixital e as liñas temáticas sobre as que se movería serían o desenvolvemento de habilidades e a atención á diversidade. Espero que disfrutedes do noso blogue. Unha aperta!
BENVIDOS A CELANEWS!!!

Bos días a tod@s, chamome Vera Rivero Álvarez e nacín na preciosa vila de Celanova (Ourense, Galicia), e por certo, inda que non o aparento, teño 18 anos. Estudo na UVigo o Grado de Educación Primaria e o meu soño é chegar a ser profesora e poder axudar a cada un dos alumnos e alumnas que teña.
Ao longo da miña intereseime por o tema que vamos a abordar neste blogue, que é o hábito de vida saudable  compaxinando o deporte e as TIC, xa que resulta algo complicado nesta sociedade porque as persoas non saben como ordear as súas prioridades.
Todo o mundo necesita un físico e mentalidade saudable para conseguir todo aquelo que se propón ao longo da vida, polo que aiquí estamos cada un dos integrantes deste blog para axudarvos a cumplir esa meta.
Espero que cada un de vós, dos que nos estades lendo, vos guste todo o que publicamos en Celanews e nos sigades sempre, moitas gracias personiñas.


ATERRAMOS EN CELANEWS!

Ola! Son Andrea Pérez Pérez e teño 22 anos. Xunto cos  meus compañeiros Fran e Vera imos tratar sobre os hábitos de vida saudables desde a perspectiva do deporte e as TIC na Educación Primaria. 
A elección de este tema foi principalmente porque consideramos moi importante educar na cultura do deporte dende a infancia xa que é moi importante para unha boa calidade de vida. Ademais, combinámolo co uso das TICs que é un aspecto moi relevante actualmente xa que vivimos nun mundo completamente tecnolóxico que nos aporta ferramentas moi útiles na nosa vida diaria. 
A combinación de ambos aspectos axúdanos a mergullar aos nenos e ás nenas en dous aspectos moi importantes de forma lúdica e interesante á vez. 

Persoalmente, como alumna do Grao de Educación Primaria, creo que a materia de Novas Tecnoloxías me pode axudar a desenvolver as miñas competencias tecnolóxicas como mestra. Creo que é unha materia moi interesnate e útil pero á vez complexa e que require moito esforzo. Malia a isto, considero que aínda que teña dificultades no seu desenvolvemento, chegarei a realizala de forma satisfactoria. 




Espero que este blogue sexa de axuda para todos e todas. Un saudiño!!