jueves, 10 de mayo de 2018

PROXECTOS 

Olaaa! Qué nervios pasamos onte na aula!! Tivemos que expoñer os nosos proxectos finais de NNTT e unha vez feito a verdade é que quedamos moi contentos. 

Penso que nos explicamos bastante ben e que transmitimos a información que queriamos dunha maneira atractiva, clara e concisa para noso público. Tivemos erros, como é lóxico, pero sabemos aprender de eles para mellorar en próximas ocasións. A verdade eu quedei moi contenta co resultado :)

En canto ás exposicións do resto de compañeiros e compañeiras penso que estiveron bastante ben e trataron temas moi relevantes como son a amizade, o xornalismo, o deporte, etc.

Agora que está todo rematado e que pasaron os nervios podo dicir que estou moi contenta co resultado obtido despois de todo o que traballei tanto individualmente como en grupo cos meus compañeiros Vera e Fran. Foi duro pero mereceu a pena. Espero que a vós tamén vos gustase!

Un saúdo a todos e a todas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario