jueves, 10 de mayo de 2018

PROXECTOS EXPOSTOS

Moi boas a todos e todas de novo! Esto xa está casi rematado e teño o interese de explicarvos como vivín un pouco en xeral os diferentes proxectos que publicaron o resto dos grupos na clase de onte.
Foi espectacular o ambiente que se creou e o ben que expoñeron os grupos, xa que practicamos a expresión verbal e non verbal que será fundamental para o noso futuro traballo de profesor ou profesora. Vin unha moi boa actividade para poder soltarnos e practicar.

As temáticas das que se falaron resultaron do meu interese xa que están moito no noso día a día, como son a amizade, os deportes, o xornalismo, etc.

Na miña opinión todos os grupos transmitiron a idea principal do seu proxecto de maneira que o entendera todo o mundo e non se aburriran.

Unha vez rematado este proxecto cos meus compañeiros Andrea e Fran vexo que a pesar de que nos agobiamos moito co traballo para facelo o mellor posible e adecualo aos diferentes cursos de Primaria resultou satisfactorio para mellorar individualmente collendo o mellor de cada un dos compañeiros. Foi un moi bo reto que conseguimos sacar adiante da mellor forma posible

Grazas a todos unha vez máis!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario