jueves, 10 de mayo de 2018

RECURSO DE APOIO Á EXPOSICIÓN

Volvemos outra vez!! Últimamente estamos traballando moi rápido e con moita peniña porque isto está a piques de rematar. Na clase de NNTT temos que facer unha presentación na que ensinarlle ao resto de compañeiros e compañeiras a nosa revista dixital.

Para este día creamos unha presentación co programa PowerPoint que nos serve de apoio á exposición de aula e na que plasmamos de maneira sinxela e moi atractiva todo o que queremos contar sobre o proxecto. Está dividida en 4 apartados: hábitos saudables, as TIC en Educación Primaria, a revista escolar dixital e opinión / valoración grupal. Ademais está acompañada de imaxes ilustrativas sobre o tema que tamén se atopan na propia revista. Adxuntamos a presentación para que a vexades xa que nos gusta moito o resultado. E a vós, qué vos parece?

Un saúdo enorme e ata apróxima!


No hay comentarios:

Publicar un comentario