martes, 17 de abril de 2018

HOT POTATOES

Benvid@s de novo a Celanews!!!! Hoxe presentareivos unha serie de actividades que elaborei en "Hot Potatoes" e teñen que ver ca nosa temática principal, os Hábitos de Vida Saudable. Espero que vos sexan moi útiles e as desfrutedes!!!!.

A primeira actividade das tres que elaborei chámase JCloze. Consiste nunha actividade na que teredes que adiviñar as palabras relacionadas cos hábitos de vida saudable correspondentes. Neste caso, trátase da hixiene. Disporedes dunha serie de pistas por se vos resulta complicado adiviñar a palabra que se agocha.




En segundo lugar, a actividade que vos presento é JMatch. Aquí, teredes que relacionar unha serie de palabras coas súas respectivas definicións para poder realizar correctamente o exercicio. Neste caso, as palabras que se vos presentan gardan relación cos distintos hábitos de vida saudable.



Por último, a terceira actividade chámase JQuiz. Nela, teredes que seleccionar que tipos de alimentos son considerados beneficiosos para a saúde e cales non.


Tamén vos deixo o enlace a The Masher, un espazo no cal poderedes acceder ás tres actividades mencionadas anteriormente. Poderedes entrar nel clikando aquí.

Espero que vos gustaran as actividades de Hot Potatoes e que desfrutarades moito delas. Ata a próxima!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario