KUBBU E MINDOMO
Ola! Outra vez estou aquí para
ensinarvos novas ferramentas para empregar na aula. Despois de lidiar con
varias opcións ao final escollín dúas moi chulas. Desta vez centreime na
temática da alimentación pero desde dous puntos de vista totalmente diferentes.
A primeira opción é unha actividade na
que se lle presentan ao alumnado un conxunto de palabras (de alimentos) e ten
que clasificalas segundo a súa orixe: animal, vexetal ou mineral. Está realizada
con Kubbu, unha plataforma gratuita que permite xerar diversos tipos de
actividades didácticas e que é moi sinxela de usar. Podedes ver a actividade
premendo nesta palabriña.
A segunda opción está creada coa ferramenta
Mindomo. O seu uso é sinxelo e gustoume xa que me permitiu crear un mapa
conceptual (ao meu gusto) co cal traballar de forma directa e concisa os
diferentes problemas relacionados coa alimentación: trastornos, intolerancias e
alerxias. Deste xeito o alumnado pode empregalo como método de estudo ou coma
un apoio. Podedes velo se premedes aquí.
Espero que vos sigan gustando as miñas aportacións. Ata a próxima a todos e a todas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario