miércoles, 24 de enero de 2018

ATERRAMOS EN CELANEWS!

Ola! Son Andrea Pérez Pérez e teño 22 anos. Xunto cos  meus compañeiros Fran e Vera imos tratar sobre os hábitos de vida saudables desde a perspectiva do deporte e as TIC na Educación Primaria. 
A elección de este tema foi principalmente porque consideramos moi importante educar na cultura do deporte dende a infancia xa que é moi importante para unha boa calidade de vida. Ademais, combinámolo co uso das TICs que é un aspecto moi relevante actualmente xa que vivimos nun mundo completamente tecnolóxico que nos aporta ferramentas moi útiles na nosa vida diaria. 
A combinación de ambos aspectos axúdanos a mergullar aos nenos e ás nenas en dous aspectos moi importantes de forma lúdica e interesante á vez. 

Persoalmente, como alumna do Grao de Educación Primaria, creo que a materia de Novas Tecnoloxías me pode axudar a desenvolver as miñas competencias tecnolóxicas como mestra. Creo que é unha materia moi interesnate e útil pero á vez complexa e que require moito esforzo. Malia a isto, considero que aínda que teña dificultades no seu desenvolvemento, chegarei a realizala de forma satisfactoria. 




Espero que este blogue sexa de axuda para todos e todas. Un saudiño!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario