jueves, 10 de mayo de 2018

REFLEXIÓN FINAL
Pois sí chicos e chicas, parece mentira que xa chegara este momento, moitos agobios, retos, nervios pero agora creo que o vou botar de menos. Este proxecto foi un gran reto para nós porque sería a primeira vez que prepararíamos diferentes actividades para nenos e nenas de Primaria.

Nós, o meu grupo, eleximos a temática de hábitos saludables porque pensamos que era moi importante para poder ensinar aos nenos de Primaria como se teñen que coidar para estar da mellor forma posible tanto físicamente como no mental, para así influír de forma positiva na escola e no ámbito social.

Agora, vendo o traballo final que conseguimos, estou moi orgullosa de como nos quedou e do ben que interpretamos a temática para acercala o máis posible ao alumnado de Primaria e así a través de este proxecto descubrir diferentes programas e técnicas que non dubido que serán moi útiles e importantes para o día de maña.

Quero dar as grazas aos meus compañeiros de traballo que formamos un gran equipo apoyándonos e axudándonos e da maneira que nos organizamos para este proxecto. Cos que non traballei tamén porque aprendín bastante técnicas deles e como non aquelas personiñas que vos interesastes por o noso blogue, espero que vos resultara útil.

Grazas a estes traballos gústame máis esta carreira que estou facendo e con moita ilusión para ser profesora o día de mañá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario