martes, 6 de febrero de 2018



EXPLICACIÓN DA NOSA ELECCIÓN

Bos días a tod@s, éncheme de orgullo volver estar aiquí con todos/as vós.
Hoxe explicareivos o por qué da nosa elección por este tema, que é o de hábitos saudables.

A elección veu dada por todos os integrantes do grupo xa que ultimamente levámosnos interesando por a saúde mental e física, xa que unha conleva a outra. Neste blogue interesarémonos polo deporte, hixiene e alimentación para poder axudarvos a cada un de vós se non estades cómod@s con vós mesmos. Así mesmo temos que decir que nos parece un reto moi bonito poder xuntar os hábitos saudables cas TIC, xa que son unhas ferramentas imprescindibles na actualidade.

Desde a miña perspectiva individual, gustaríame que cada un de vós, dos que quixérades mellorar a vosa saúde pedira axuda nun centro especializado ou mesmo se interesara polo noso blogue para que lle axudara, xa non só no ámbito do exercicio e deporte, senón tamén no ámbito gastronómico.
Todos e todas podemos mellorar neste contexto, pero para iso temos que ter ganas e ilusión,e sobre todo ser moi traballador e ter empatía cos demais.

A pesar de non haber encontrado a ningún grupo de outros anos que traballara unha temática relacionada á nosa, penso que a que máis se axusta é "El cuarteto", que fala sobre habilidades sociais, que aínda que non podo entrar na páxina por problemas, penso que o nome da temática é o máis achegado a nós.

Gracias a todas esas personiñas que nos seguen día a día e as que nos quedan por seguir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario