RECURSOS PARA A AULA DE PRIMARIA
Ola
de novo!
Despois
de revisar numerosas opcións quero presentarvos os tres recursos que elexin xa
que son os que máis me gustaron para traballar na aula os hábitos de vida
saudable.
A primeira
elección foi o xogo “Alimentación equilibrada” que me gustou moito xa que
explica todo o relacionado cunha boa alimentación (tipos de alimentos,
frecuencia de consumo, calorías, elaboración de menús saudables, etc.), de xeito
sinxelo e claro. Ten unha apariencia moi atractiva e as actividades son moi
completas e fáciles de entender, ademais de que permiten ser repetidas sempre
que se precise.
A segunda
elección foi o xogo “Limpios y requetelimpios” que está orientado a profesorado
e alumnado. De forma moi lúdica e atractiva permite aprender conceptos relevantes
sobre hábitos de hixiene ambiental e persoal de modo práctico. Ademais permite
adecuar o seu uso a persoas con algunha necesidade específica; algo que é moi
importante.
Por último,
o xogo “Crezco feliz”, presenta actividades moi sinxelas e interesantes permitindo
ao alumnado adquirir coñecementos sobre diferentes enfermidades, hábitos
saudables e pautas de mellora, polo que me parece moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario