EDILIM
Olaa!
Estou aquí para ensinarvos novas actividades que fixen coa ferramenta EdiLim. É
moi doado traballar con ela e ademais ten unha variedade moi ampla de
actividades polo que podes escoller a que máis se axusta ás túas necesidades.
A
primeira que fixen é a de preguntas. Nela hai 4 cuestións básicas relativas á
alimentación, nas que o alumno ou alumna debe responder de maneira sinxela e
concreta.
Na
segunda aparecen 5 oracións nas que se abordan diferentes problemáticas que afectan
ao medio ambiente. En cada unha falta unha palabra ou varias palabras, que saen
na parte inferior, e a persoa debe completar cada frase co termo ou termos que
correspondan.
Espero
que vos sexan útiles e que vos sigan gustando as miñas aportacións! Premendo
aquí podedes ver as actividades.
Un
saúdo a todos e a todas e ata moi prontiño!
No hay comentarios:
Publicar un comentario