RECURSOS AUDIOVISUAIS
Ola!
Aquí estou de volta para seguir amosándovos cousas moi interesantes!
Desta
vez quero nomear dúas ferramentas que nos permiten
realizar recursos audiovisuais para a aula. Unha é Educaplay, coa que realicei
un vídeo con preguntas relacionadas co explicado no filme (videoquiz). A outra
é Pixton, que me permtiu crear un cómic ao meu gusto.
Ambas son xeniais pero quero
falarvos en concreto de Educaplay. É unha ferramenta moi completa (con moitos
tipos de actividades) pero que eu usei para facer un videoquiz. Tras titular a
actividade e enmarcala en canto a grupo de idade e materia se refire, pasei a
realizar a actividade. Primeiro escollín un vídeo (en relación á alimentación e o medio
ambiente) que insertei na ferramenta online. De seguido redactei varias preguntas
sobre o tema do vídeo con tres posibilidades de resposta pero só unha correcta,
e fun colocándoas ao longo do vídeo axustando as secuencias nas que quería que
se realizasen. Estas preguntas están agrupadas por orde segundo os temas que se
van tratando no filme. Finalmente fixen unha vista previa do vídeo por completo
e publiquei a actividade. É unha ferramenta moi
completa e sinxela de usar que nos permite crear actividades atractivas para o
alumnado coas que traballar contidos importantes dun xeito lúdico e
incorporando as TIC á aula.
Espero que vos guste a
miña selección e que vos sirva de axuda. Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario