jueves, 10 de mayo de 2018

PROXECTO FINAL 

Ola! Aquí estamos de volta o grupo ao completo para amosarvos o que fixemos estes días. De esta vez creamos o noso proxecto: a revista dixital escolar!! Custounos bastante traballiño pero mereceu a pena vendo o resultado.

Como xa sabedes a nosa temática son os hábitos saudables (alimentación, hixiene, deporte e medio ambiente). Por iso dividimos a nosa revista con eses 4 apartados e dentro de cada un existen 4 niveis de dificultade (sendo 1 o máis baixo e 4 o máis alto), que estruturan todas as actividades que fixemos ao longo de estes meses. Ao final hai un apartado coas actividades que tratan sobre varios dos aspectos traballados e que puxemos a modo sorpresa. Para pechar a revista están a nosa caza do tesouro e o póster dixital que tanto nos custou facer pero que nos encanta. Ademais, hai moitas imaxes e debuxos para facela máis vistosa.

Pensamos que a revista é unha maneira creativa de presentar a materia e favorece a aprendizaxe de maneira activa por parte do alumnado de maneira lúdica. Ademais, potencia o uso das TIC na aula dunha maneira adecuada. Esperamos que vos guste e aprendades moito con ela sobre os hábitos saudables que son tan importantes. Podedes vela premendo aquí.

Unha aperta enorme e ata a próxima a todos e a todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario