jueves, 10 de mayo de 2018

PROXECTOS

Moi boas  a todos e a todas!! Benvidos de volta a Celanews!!!! Onte foi un día algo tenso xa que realizamos a exposición sobre a revista escolar dixital, o noso proxecto. Tivemos ao comezo da presentación os nervios de cómo dar paso á presentación pero eu considero que, dentro do que cabe, a exposición do noso proxecto foi bastante boa.

É certo que cometemos erros, sobre todo eu, relacionados con castelanismos ou hiperenxebrismos, porén, o resto da exposición foi bastante fluida e na miña opinión sinxela de seguir.

Antes de realizar a nosa exposición tivemos que estar atentos debido  que o resto de compañeiros e compañeiras de aula tamén tiveron que realizar a exposición dos seus correspondentes proxectos. Trataron temas bastante interesantes, mesmo algúns dos seus proxectos, poderíase dicir que, gardan relación co noso.

En xeral, considero que os proxectos foron bastante bos e estiveron ben presentados na aula, tanto os dos nosos compañeiros e compañeiras coma o noso. 

Para rematar, dicir que estou moi orgulloso de realizar todo este proxecto coa axuada das miñas compañeiras Andrea e Vera, xa que xuntos formamos un grupo de trabalo bastante bo e facer todas as tareas en equipo con elas foi un pracer.

Espero que vos gustara esta opinión sobre os proxectos! Ata a próxima!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario